Traballando en Vivaldi

Bótalle un ollo ás nosas prazas abertas e descubre como traballamos en Vivaldi.

Ofertas de emprego

Todos os nosos postos están cubertos agora mesmo, pero grazas por comprobar! Non obstante, sempre estamos á procura de superestrelas. Se es ti e vives en Oslo ou Reikiavik, envíanos un correo a [email protected].


Ubicacións

Somos (ata agora) de 25 nacionalidades traballando en sete países con oficinas en Noruega, Islandia e os EUA.

Oslo, Noruega

A nosa sede está no corazón de Oslo xunto a unha fermosa fervenza. É certo, unha auténtica fervenza e incluso podes coller salmón noruegués no río se iso é o teu.

Reykjavík, Islandia

As nosas oficinas en Islandia atópanse na Innovation House, unha incubadora local de arranque fundada por Jon. O noso equipo islandés ten impresionantes vistas ao océano e moita inspiración para construír Vivaldi.

Magnolia, E.U.

A nosa base nos Estados Unidos está a pouca distancia en coche de Boston na Magnolia Innovation House, un bed and breakfast convertido en centro tecnolóxico. Todos os veráns todo o equipo reúnese aquí durante un mes de tortas de cangrexo e código.

Encontros

Cada xuño temos un épico encontro en Magnolia, Mass. Estamos todos xuntos nunha fermosa mansión histórica, traemos ás nosas familias, vestímonos con traxes ridículos e, en xeral, divertímonos moito. Ah, e codificamos.

Cando os días comenzan a ser máis fríos, todos nos reencontramos, esta vez en Islandia. Xusto a tempo para a aurora boreal.

Equilibrio

Sabemos que as persoas son máis produtivas cando teñen unha boa conciliación laboral e familiar, o que lles permite facer cousas que lles gustan e cumprir as súas responsabilidades fóra do traballo. En Vivaldi, temos patróns de traballo flexibles para combinar cunha variedade de estilos de traballo, situacións familiares e outros compromisos.