Non te rastreamos. Nada, cero.

Moitos sitios que visitas queren reunir tanta información túa como sexa posible. Por que? Para promover o seu negocio. Moitos fabricantes de navegadores teñen a mesma idea. Sorprendido?

Algúns aplicativos controlan os usuarios, crean perfís e venden os seus datos para obter beneficios. Este é o custo de usar servizos "de balde".

Mais non en Vivaldi. Nós non lle damos uso aos teus datos.

Os sitios que visitas, o que escribes no navegador, as túas descargas: temos cero interese e cero acceso a eses datos. Gárdanse localmente na túa máquina ou cifrado.

Non temos ningún dato teu para vender.

Non imos mentir. Por suposto, sería bo ter datos sobre como usas Vivaldi (como cales son as túas funcións favoritas). Pero en lugar de rastrear isto, pensamos que é mellor preguntarche directamente. Tolísimo, sabemos.

Como contamos sen rastrear

Como todas as empresas, necesitamos saber cantos usuarios temos aí fóra (si, necesitamos iso para manter o negocio).

Durante un tempo estivemos confiando nunha única solicitude de reconto de usuarios almacenada no teu ordenador. Simplemente dinos: "Este é o mesmo usuario que contamos antes".

Pero estamos eliminando iso. Incluso iso é demasiada información para nós. Non queremos nada "único" que veña do teu computador.

Agora mesmo, estamos a traballar nunha nova implementación. Require un pouco de codificación, pero estará rematado.

Estamos escribindo esa parte do navegador con código e en C++ para que poidamos publicalo co noso código fonte e poida comprobar que fai o que di na etiqueta.

Truncamos as IP que obtemos da solicitude de reconto. Isto aínda nos indica aproximadamente onde te atopas no mundo, o que nos axuda a decidir cousas, como en que países e idiomas debemos centrarnos para mellorar a túa experiencia. Pero non podemos identificar un usuario específico aínda que o quixésemos.

Tamén sabemos que versión de Vivaldi estás a executar, o tipo de chip de procesador, o sistema operativo e a resolución da pantalla. Non é moito para ser sinceros.

Usamos un feixe de terceiros para algunhas cousas que fas no navegador. Ten isto presente. E sempre ten coidado cando instale extensións do navegador.

Por que engadimos un bloqueador de rastreadores integrado

"76 por cento dos sitios web conteñen rastreadores de Google agochados."

Notarás que facemos unha campaña intensa contra o seguimento e a recollida de datos innecesarios. Pero, vaia, iso non detivo os rastreadores web. O seu número disparouse. Hai miles de millóns de rastreadores alí fóra.

Por iso, creamos un bloqueador de rastreadores directamente no navegador. Protéxete dos rastreadores web omnipresentes que te seguen pola rede para recoller a túa información persoal.

Por moito que queremos que o noso bloqueador de rastreadores sexa perfecto e bloquee todos os rastreadores que te espían, sempre haberá sitios web que o eviten. Se descubres algún, informarasnos?

Así que, si, estamos a construír Vivaldi sen ningún tipo de seguimento que infrinxa a privacidade.

Cantos aplicativos poden dicir iso?

Saber máis:

Como contamos os nosos usuarios
Política de privacidade do navegador Vivaldi
Decodificación da actividade da rede en Vivaldi