Preguntas máis frecuentes
-
Como podo doar?
Para doar:
- Vai aoformulario de doazón.
- Selecciona a cantidade que queiras doar e prema Continuar.
- Insire os detalles da túa tarxeta de crédito e prema en 'Pagar $'.
- Se o emisor da túa tarxeta o requira, confirma o pago mediante a autentificación 3D Secure 2.
-
Por que pedides doazóns?
Transparencia total: Vivaldi é unha empresa comercial e moitos dos nosos empregados posúen accións na empresa. Obtemos ingresos a través de acordos con motores de busca e marcadores. Pode ler sobre o noso modelo de negocio aquí. Aínda así, os fanáticos pregúntanos se poden apoiarnos doando. Sempre escoitamos aos nosos usuarios así que fixémolo unha opción.
-
Como se van usar as miñas doazóns?
Os teus fondos usaranse para financiar o desenvolvemento a longo prazo dos produtos e servizos baseados no navegador de Vivaldi.
-
Como protexe Vivaldi a miña información persoal?
Non recompilamos nin almacenamos os datos dos doantes. Podes ler a nosa política de privacidade aquí. Para o procesamento de pagos usamos un servizo de terceiros chamado Stripe. Podes ler sobre como manexan os teus datos na súa política de privacidade.
-
Onde podo atopar máis información sobre Vivaldi?
Podes saber máis sobre o navegador aquí:https://vivaldi.com/ e sobre a compañía aquí:https://vivaldi.com/company/.
-
A quen lle podo enviar un correo directamente con preguntas sobre doar?
Se tes calquera pregunta sobre as doazóns, por favor, envía unha mensaxe a [email protected].